miércoles, 26 de marzo de 2008

Tonight: Saw Chapter 1


Pois así é, esta noite e sen que sirva de precedente comenzaremos a ver por....vez a "cuatriloxia" do fantastico puzzle film Saw. Primeira parte dirixida polo novel director James Wan.

Persoalmente para min a mellor é a segunda parte,aínda que esta primeira entrega non ten desperdicio.

Sei de algunhas que o van pasar un pouco mal....jajajaja.

lunes, 10 de marzo de 2008

O vertixinoso avance.


Un feito palpable, é que xa non no futuro senon no presente, os medios informativos teñen un importantisimo peso nun xigante chamado internet. Este video reflicte todos eses avances que as empresas levaron a cabo para ofrecer un espazo informativo propio ao público. Persoalmente, suxireme vértigo ver como pouco a pouco unha serie de empresas se forón afianzando no cumio da cobertura informativa a través da absorción de outras empresas, e como estas chegaron a ser verdadeiros colosos.

A iniciativa de EPIC ten en sí cousas boas; o estudio individual dunha serie de variables no usuario ofrece a posibilidade de subministrarlle unha información personalizada e individual para cada tipo de persoa.
Sen embargo e como dixen antes abrumame e dame verdadeiro vértigo pensar en que será o próximo en canto a este tipo de avances informativos.

Penso que o futuro deparanos unha serie de sorpresas neste eido hoxe en día impensables.

miércoles, 5 de marzo de 2008

Silencio....que foi ese ruído...



Como estudiante de Comunicación Audiovisual e gran afeccionado ó cine de terror, pretendo con este blog achegarvos información a cerca deste malévolo xénero, as películas máis destacadas ó longo da historia e comentar os novos filmes que pouco a pouco vaian saíndo na carteleira.

Toda a actualidade dos filmes máis arrepiantes aquí, na esquina do sangue!!!